Liña do tempo

A vida e a obra de Narf
1968
24 DE ABRIL
Nacemento
Nace en Silleda, aínda que pronto se mudará a Compostela coa súa familia
1986
Os seus primeiros anos
Dá os seus primeiros pasos con efémeras bandas de rock, como Los Cables ou Malditos Azules, onde grava as súas primeiras maquetas.
https://www.premionarf.gal/wp-content/uploads/2021/09/Diariamente_Fracasamos.jpg

1991
Os Quinindiolas
Funda Os Quinindiolas con Xelís de Toro e Pepe Sendón, aos que se une máis tarde Marcos Teira. Publican un disco homónimo en 1991, reeditado en 2009 por A Regueifa.
https://www.premionarf.gal/wp-content/uploads/2021/09/OsQuinindiolas.jpg

Nicho Varullo
No mesmo ano participa tamén doutro grupo de culto, Nicho Varullo, canda Pepe Sendón e Carlos Santiago. Publicarían o disco "Nicho Varullo" con Spectra en 1991.
1992
No nacemento da Sala Nasa
Foi un dos fundadores da Sala Nasa e formou parte da compañía de teatro Chévere, canda Xesús Ron, Miguel de Lira, Pepe Sendón, Blanca Cendán, John Eastham e Carlos Santiago. Participou nalgúns espectáculos como actor e compuxo temas para a Banda da Nasa. Déixao en 1998.
[Na imaxe, Fran probando maquillaxes- Foto cedida por Chévere]
Fran probando maquillaxes. Imaxe cedida por Chévere
1996
Mellor musical
Premio da Crítica ao mellor musical do 1996, en Barcelona, pola ópera cómica Annus horribilis (con libreto de Pepe Sendón), de Chévere.
https://www.premionarf.gal/wp-content/uploads/2017/05/161_AnnusHorribilis_PepeSendon_MCortes_FranP_1994-1280x833.jpg

1998
A Psicofónica de Conxo
Xunto a compañeiros de aventuras musicais anteriores, como Carlos Santiago, Pepe Sendón e Marcos Teira, forma a Psicofónica de Conxo, que publica dous discos: Psicópolis (Fortes & Rangel, 2001) e Extramundi (Madame Mir, 2002).
2004
De Fran Pérez a Narf
Crea unha nova identidade e convértese en Narf. Publica o seu primeiro disco, ‘Directo en Compostela’, gravado en directo na Borriquita de Belem en xullo de 2003.
Fran probando maquillaxes. Imaxe cedida por Chévere
2005
Mundo Café
Co vasco Jabier Muguruza e o valenciá Miquel Gil conforma “Mundo Café”, un espectáculo co que percorren a Península e finalmente publican un disco, tamén homónimo (Gintonic diskak, 2005).
Fran probando maquillaxes. Imaxe cedida por Chévere
2006
Bumba e festival Liet
Coa banda mozambicana Timbila Muzimba crea o proxecto Bumba no que o seu talento se mestura cos sons do pobo chopi. Recuperarían esta colaboración dez anos máis tarde. Este mesmo ano acada un segundo posto no concurso de canción en linguas minorizadas europeas, Liet Lavlut celebrado en Suecia, co tema Santiago.
2007
Tótem
Publica Tótem en Falcatruada.
2010
Aló Irmao con Manecas Costa
Publica este CD-DVD gravado no Teatro Principal de Santiago os días 16 e 17 de xuño de 2009. Comeza a compoñer a música da Queima do Judas para Trigo Limpo teatro ACERT, que se celebra todos os anos en Tondela el Sábado Santo. Sería responsable deste espectáculo até 2015.
2013
Nas tardes escuras
Publica en El Patito Editorial este disco no que leva ao rock as letras do ‘Follas novas’ de Rosalía.
https://www.premionarf.gal/wp-content/uploads/2021/09/NasTardesEscuras.jpg

2015
Baladas da Galiza imaxinaria
Publica canda Uxía este disco de ourives, só coas súas voces e a guitarra eléctrica de Fran Pérez.
https://www.premionarf.gal/wp-content/uploads/2021/09/BaladasGalizaImaxinaria.jpg

2016
Xira por Estados Unidos. Últimos concertos
Xira de 14 concertos por Estados Unidos con Uxía. Prepara o regreso da segunda parte do proxecto Bumba cos mozambicanos Timbila Muzimba. Preséntao no Womex o 22 de outubro como Da Zigala a Zemambiquo. Ao día seguinte despídese do seu público no Teatro Principal no que sería o seu derradeiro concerto.

Falece o 15 de novembro.

Comparte