O Concurso e a información do Premio

PRAZO DE PRESENTACIÓN
Ás 14h.
do
15 de xuño
Bases 2022 do XV Concurso
BOP 20/03/2023 [PDF, 135KB]
Documento da convocatoria
BOP 04/04/2023 [PDF, 127KB]

O Concurso Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais ten o obxectivo de difundir, apoiar e promocionar os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas, así como lembrar e difundir socialmente a figura e a o obra do músico e compositor Fran Pérez “Narf”.

Pode participar calquera grupo ou artista musical galego ou residentes en concellos galegos, do ámbito da música pop e variantes (folk, rock, rap, reggae…), que non fosen premiados nos cinco anos naturais anteriores do concurso.

Entrega do galardón da edición de 2020 a grupo Caldo

Entrega do galardón da edición de 2020 a grupo Caldo

PREMIOS

Os premios son os seguintes:

1º clasificado: 4.000

2º clasificado: 2.000

3º clasificado: 1.500

O xurado 2023

Presidente
Xurxo Couto
Deputado de Cultura, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística

Vogais

Ramom Pinheiro
Músico e director da Central Folque

Ánxeles Porto
Dirixe desde 2004 o festival Feito a Man; é responsable do pub Borriquita de Belem, que leva desde 1984 programando música ao vivo, en especial jazz.

Mónica de Nut
Cantora de ópera, jazz, música de raíz, música experimental que mestura coa interpretación teatral e danza contemporánea

Marcos Gendre
Xornalista musical e colaborador de Vinte (Praza), Rockdelux, El Salto ou Luzes

Suso Alonso
Pianista. Coincidiu con Fran Pérez en varios proxectos artísticos.

Secretaria
Mercedes Fernández-Albalat Ruiz,
xefa do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes, ou, no caso da súa ausencia
Manuela Muñiz Souto,
xefa da Sección de Cultura e Deportes

Comparte