Discografía

https://www.premionarf.gal/wp-content/uploads/2021/09/NichoVarullo.jpg

1991 · CON NICHO VARULLONICHO VARULLO

(Ed. Espectra)

Con Carlos Santiago e Pepe Sendón forma Nicho Varullo. Publican este único disco coa editora Spectra, tamén fundada por eles grazas a un premio literario gañado por Xelís de Toro.

https://www.premionarf.gal/wp-content/uploads/2021/09/OsQuinindiolas.jpg

1991 · CON OS QUININDIOLASOS QUININDIOLAS

(Ed. A Regueifa en 2009)

Forma Os Quinindiolas con Pepe Sendón e Xelís de Toro e gravan este EP con cinco temas nos estudos Sitar, pero nunca chegou a ver a luz. Recupérao e publica A Regueifa Plataforma en 2009

https://www.premionarf.gal/wp-content/uploads/2021/09/psicopolis.jpg

2001 · COA PSICOFONICA DE CONXOPSICÓPOLIS

(Ed. FORTES&RANGEL)

O primeiro disco da Psicofónica, nova formación con Carlos Santiago, Suso Alonso, Xavier Olite, Marcos Teira e Pepe Sendón.

https://www.premionarf.gal/wp-content/uploads/2021/09/Extramundi.jpg

2002 · COA PSICOFÓNICA DE CONXOEXTRAMUNDI

(Ed. Madame Mir)

Segundo disco da Psicofónica.

https://www.premionarf.gal/wp-content/uploads/2021/09/DirectoEnCompostela.jpg

2005 · EN SOLITARIODIRECTO EN COMPOSTELA

(Ed. Changüi)

Gravado en vivo na Borriquita de Belem os días 21 e 22 de xullo de 2003. Con Marcos Teira e Pepe Sendón.

https://www.premionarf.gal/wp-content/uploads/2021/09/MundoCafe.jpg

2005 · CON JABIER MUGURUZA e MIQUEL GILMUNDO CAFÉ

(Ed. Gintonic Diskak)

Catro temas de cada artista. No caso de Narf: “Xa asoma a primavera”, “Na enseada de lagos”, “Nova orden” e “Shingonbelene”.

https://www.premionarf.gal/wp-content/uploads/2021/09/Totem.jpg

2007 · SOLITARIOTOTEM

(Ed. Falcatruada)

O seu primeiro disco de estudo en solitario. Acompáñano Marcos Teira, Pepe Sendón e Quiné entre outros.

https://www.premionarf.gal/wp-content/uploads/2021/09/AloIrmao.jpg

2010 · CON MANECAS COSTAALÓ IRMAO!

(Ed. Falcatruada)

Un dos discos máis coñecidos de Narf é este, compartido co músico de Guiné-Bissau que publicou Cartafol/Falcatruada.

https://www.premionarf.gal/wp-content/uploads/2021/09/NasTardesEscuras.jpg

2013 · EN SOLITARIONAS TARDES ESCURAS

(Ed. El Patito Editorial)

O Follas novas de Rosalía interpretado polo rock de Narf en formato trío, con LAR Legido e Alberto Rodríguez. Todo nunha edición en forma de libro-CD con ilustracións de Fausto Isorna.

https://www.premionarf.gal/wp-content/uploads/2021/09/BaladasGalizaImaxinaria.jpg

2015 · CON UXÍABALADAS DA GALIZA IMAXINARIA

(Ed. da Madriña)

No seu último disco comparte repertorio con Uxía e cancións inéditas.

Comparte