A final de 2024

E OS TRES FINALISTAS

A final celébrase o sábado 19 de outubro no Auditorio Abanca
de Santiago de Compostela ás 20.00 h.

Presenta o xornalista
Luís Pardo

Ademais dos finalistas actuará
De Ninghures

 

Debuxa en directo o artista visual
Xavier Belho

Na gala final participarán os finalistas:

https://www.premionarf.gal/wp-content/uploads/2024/09/Carabela.jpg

Carabela

Deles o xurado destacou que é “unha proposta construída con solidez, que atende o traballo vocal e tamén a melodía, cunha deriva electrónica delicada e sofisticada”. Nados en 2021, esta banda noiesa dálle unha nova volta ao ao temón da cada vez máis natural confluencia entre as correntes do pop, a electrónica e a música tradicional.

Gloria Pavía & Rafa Morales

Cunha linguaxe propia, o dúo formado pola cantante Gloria Pavía e o baixista Rafa Morales tráenos un repertorio formado por temas orixinais que ofrecen tanto momentos intimistas como intensos grazas ao xogo de timbres. O xurado salientou deles a “utilización de elementos moi escollidos que fan lucir a estrutura das cancións de autora”, na que tamén destacan o seu talento vocal, a orixinalidade e o minimalismo.

https://www.premionarf.gal/wp-content/uploads/2024/09/gloriapavia-rafamorales.jpg
https://www.premionarf.gal/wp-content/uploads/2024/09/cintaadhesiva.jpg

Cintaadhesiva

Formada pola poeta Silvia Penas e o músico Jesús Andrés Tejada, o xurado destacou a súa “proposta arriscada, que combina con destreza as partes melódicas e as recitadas con bases electrónicas escuras”.

Comparte