A final de 2023

E OS TRES FINALISTAS

A final tivo lugar o sábado 28 de outubro no Salón Teatro de Santiago de Compostela ás 20.30 horas.

 

Presentada pola xornalista
Luis Pardo

Ademais das bandas finalistas
actuou Fillas de Casandra

 

Debuxa en directo o artista visual
Xavier Belho

Na gala final participaron os seguintes finalistas:

https://www.premionarf.gal/wp-content/uploads/2023/10/LuciaAldao.jpg

Lucía Aldao

Emoción e sorna, revisión e identidade, amizade e crítica son o fío condutor do segundo EP que publica unha cantautora da que o xurado destacou “a súa personalidade artística desbordante na que conflúe un universo propio musical cheo de intencións”.

Satélite Salitre

Banda liderada polo compostelán Pilo Sierra, en colaboración co cuarteto de cordas Suelen Estar Quartet, o baterista LAR Legido e Pablo Sanmamed. Deles o xurado destacou que é “unha proposta orixinal de sonoridades marcada por unha canción de autor de vangarda”.

https://www.premionarf.gal/wp-content/uploads/2023/10/SateliteSalitre.jpg
https://www.premionarf.gal/wp-content/uploads/2023/10/MAI.jpg

MÅI

A alianza de Iseo Agilda con Tomás Ageitos deu como resultado o disco ‘Nigredo’, que eles mesmos definen como “pop boreal” pola conexión que ten co pop nórdico, combinado coa tímbrica e a rítmica da música tradicional galega. Deste proxecto o xurado salientou a “electrónica acústica boreal de gran profundidade paisaxística”.

Comparte