Con Carlos Santiago e Pepe Sendón forma Nicho Varullo. Publican este único disco coa editora Spectra, tamén fundada por eles grazas a un premio literario gañado por Xelís de Toro.
Forma Os Quinindiolas con Pepe Sendón e Xelís de Toro e gravan este EP con cinco temas nos estudos Sitar, pero nunca chegou a ver a luz. Recupérao e publica A Regueifa Plataforma en 2009
O primeiro disco da Psicofónica, nova formación con Carlos Santiago, Suso Alonso, Xavier Olite, Marcos Teira e Pepe Sendón.
Segundo disco da Psicofónica.
Gravado en vivo na Borriquita de Belem os días 21 e 22 de xullo de 2003. Con Marcos Teira e Pepe Sendón.
Catro temas de cada artista. No caso de Narf: “Xa asoma a primavera”, “Na enseada de lagos”, “Nova orden” e “Shingonbelene”.
O seu primeiro disco de estudo en solitario. Acompáñano Marcos Teira, Pepe Sendón e Quiné entre outros.
Un dos discos máis coñecidos de Narf é este, compartido co músico de Guiné-Bissau que publicou Cartafol/Falcatruada.
O Follas novas de Rosalía interpretado polo rock de Narf en formato trío, con LAR Legido e Alberto Rodríguez. Todo nunha edición en forma de libro-CD con ilustracións de Fausto Isorna.
No seu último disco comparte repertorio con Uxía e cancións inéditas.