Xornada formativa

O sábado 19 de novembro ás 10.30 horas na sala Juanjo Gallo (6º andar)
do edificio da Deputación da Coruña celebraremos unha xornada de formación
para os grupos e artistas finalistas, e para o sector en xeral.

A inscrición estará aberta desde as 9:00 h do día 2 de novembro ata as 23:59 h do 16 de novembro

10:30h.
Andrea Villa
Leva o teu proxecto máis alá
Experta en comunicación cultural. No mundo da música ten traballado en festivais como Reperkusión, Revenidas ou SonRías Baixas e con bandas como Tanxugueiras ou LaMontagne & PicoAmperio.
11:30h.
Ania González
Coida os teus dereitos
Avogada especializada en dereito da cultura e propiedade intelectual.
13:00
Jordi Lauren
Claves para unha carreira musical a longo prazo
CEO de PlayPlan, detrás do fenómeno Tanxugueiras, ademais do festival SonRías Baixas, entre outros proxectos.

Comparte