A final será o domingo 11 de decembro no Teatro Colón ás 19.00 horas.
A entrada é libre até completar capacidade.
Retransmitirémola en directo en streaming no canal de Youtube
de Cultura da Deputación da Coruña.
Presentada pola xornalista
Luis Pardo
Ademais das bandas finalistas
actuará Berto.
Haberá un tema especial dedicado a Narf por Pepe Sendón & Suso Alonso
Debuxa en directo o artista visual
Xavier Belho
Na gala final participan os seguintes finalistas:
Vocalista e compositora que destaca, segundo o xurado “pola súa calidade musical e polo coidado da súa proposta”. Con formación clásica, formou parte de Nota Bene, do coro Vía Sete, e das bandas Os Meninos e Laroá. Está a presentar o seu álbum de estres, ‘Invento’, xunto o músico e produtor Iván Barreiro, cun proxecto que integra letras e melodías que invitan a conmover, conectar e reflexionar sobre o ser, a vida e as súas contradicións, dende universo sonoro moi ecléctico e atrevido, que recibe influencias de pop, rock, funk e world music.
Son Sabela Rey Bello e Benxamín Vázquez. Deles o xurado destacou “a contemporaneidade dos sons de raíz e as influencias narfianas”. Xuntos fan unha viaxe conxunta e individual dende músicas lonxanas, dende as linguaxes da música americana de raíz: country, blues e soul ata a música galega. Sabela e Benxamín achegan un repertorio onde entrelazan cancións que forman parte do ideario musical galego con creacións e composicións propias, cunha profunda inspiración na maneira de crear de referentes como Fran Pérez, Narf; sentindo a música como elemento de encontro entre xéneros, estilos e realidades.
.
É un proxecto de Iago Marta e & Rubén Fernández de quen o xurado salientou “a proposta arriscada que desde o jazz busca unha voz propia e orixinal”. Comeza a tocar xuntos en 2013, pero non é ata 2019 cando forman Noar, publicando un traballo (‘Ao vivo’) en 2020. Desde entón teñen participado en diferentes festivais por toda a Península.